Tuesday 07 de May de 2024

As festas Patronais de Santa Uxía comenzarán a súa actividade durante a fin de semana


MÚSICA, PASARRÚAS, ACTIVIDADES INFANTÍS E SESIÓNS VERMÚ AMENIZARÁN CATRO DÍAS DE FESTA NA HONRA DA PATROA
Os actos que formarán a programación das Festas Patronais de Santa Uxía, que se desenrolarán os días 7, 8, 9 e 12 de setembro, foron presentados esta mañá pola concelleira de cultura Herminia Pouso, o cura párroco da Parroquia de Santa Uxía, Alfonso Mera, e a presidenta da Asociación de Amas de Casa de Riveira, Puri Cores.
O venres comezarán as actividades coa inauguración da exposición
Do sentido, que é o vivido, de Ramón Pérez e Antonio Molleda, ás
21 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. Acto seguido, ás 21.30 no Auditorio Municipal, haberá a representación teatral Urxencias a
cargo da Asociación Club de Maiores de Boqueixón.
A xornada do sábado recolle, como ben indicou a concelleira, “unha programación infantil e familiar co fin de gozar da última semana das vacacións antes da volta ao cole”. Ás 18 horas estará na Praza do Concello o Pallaso Popín, e ao remate deste espectáculo haberá que achegarse ata o auditorio para presenciar, ás 19 horas, o concerto de Uxía a Lambona e a Banda Molona, un grupo que ten moito éxito entre os cativos.
En canto ao domingo, será unha xornada na que destacará o parque de inchables infantís, que estará instalado na Praza do Concello en horario de mañá e tarde, e a actuación ás 18 horas da artista Lila Star con números de acrobacia, na mesma praza. Tampouco faltará a música con dous concertos de grupos galegos no Parque García Bayón: ás 13 horas Os amigos dos músicos e ás
22 horas o grupo Caxade.
O día grande destas celebracións será o mércores, no que honramos á patroa de Riveira. A xornada comezará co disparo de bombas de palenque e unha ruada a cargo do grupo tradicional Arume de Boiro. Ás 12 horas celebrarase a misa solemne na honra de Santa Uxía e a posterior procesión polas rúas da cidade, na que a santa irá acompañada da Banda de Música OJE de Ferrol, do grupo Arume e das cantareiras Aires do Barbanza, da Asociación Amas de Casa. Pola tarde, e tendo como epicentro das actividades a praza da Porta do Sol, actuará ás 18 horas o Mago Xacobe e ás
19 horas terá lugar o concerto 24 instrumentos tradicionais galegos, de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero quen irán explicando o
funcionamento e o son de cada un dos instrumentos que levarán ao escenario. Para o remate da xornada, ás 22 horas, actuará a
orquestra Platinum.
En caso de que algún dos días chovera indicar que as actuacións que se levarán a cabo no exterior pasarían a desenrolarse no Espazo Municipal de Usos Múltiples, situada na rúa Galicia. Tódalas actividades son de balde.